¿Onde está a sorpresa?
Onte asistimos a unhas novas eleccións ao Parlamento de Galicia. Desta vez, non houbo máis dun gañador, como adoita a proclamarse tras uns comicios. Gañou o Partido Popular e perderon o Partido Socialista de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego. Non hai máis volta que darlle aos resultados, pero si podemos lelos entre liñas.
En primeiro lugar, estas eleccións supoñen un grande castigo ao bipartito formado polo socialista Emilio Pérez Touriño e o nacionalista Anxo Quintana. As continuas disputas entre partidos á hora de gobernar, a pasividade ante a crise económica actual e o despilfarro, son causas, entre moitas outras, deste fracaso.
Persoalmente non agardaba unha maioría absoluta do PP, pero un día despois das eleccións comezo a caer na conta de que realmente era previsible. Centrémonos na campaña electoral. O Partido Popular ve como a súa imaxe se debilita ao verse obrigado Alberto Núñez Feijóo a apartar ao número un da lista de Ourense por «irregularidades con Facenda». Posteriormente, tamén na provincia da cidade das Burgas, Baltar solta cacicadas pola boca, amosando pouca (ou nula) educación. O discurso dos populares sempre estivo marcado pola austeridade e a firmeza ante a crise económica, atacando directamente a Touriño e o seu Audi que, como xa todos sabemos, é mellor que o automóbil de Barack Obama, presidente de USA. De feito, hai un detalle que non se nos pode escapar: A imaxe, nos tempos que corren é fundamental. Pode parecer unha tontería, pero Feijóo fixo campaña sen gravata. Certo que houbo días que a empregou, pero non na maioría. Desta forma tamén transmitiu humildade e, desculpen a redundancia, austeridade.
Ben, pasemos ao PSOE. Na miña opinión, a campaña electoral realizada por Touriño e o seu equipo pareceume lamentable. Non creo que aportara moito o candidato socialista nas oportunidades que tivo de convencer ao electorado nestas últimas semanas. Discursos baleiros de contido e continuas críticas ao Partido Popular… ¡de hai catro anos! Da a sensación de que Touriño quixo seguir chuchando da mala xestión de Fraga nos seus últimos momentos coma presidente da Xunta, pero iso xa non vale.
A publicidade socialista deixou moito que desexar. Lemas como «Dálle máis forza», centrando a celebración da democracia na simple cesión de poder a unha persoa, falan moi mal de Emilio Pérez Touriño. Deleznable.
A derrota socialista é máis grave do que parece, posto que simbolizan o seu fracaso como alternativa á dereita, algo imperdoable.
Agardo que se tomen un tempo para reflexionar sobre a derrota porque penso que teñen moito que cambiar. Empezando polo candidato.
Imos co Bloque Nacionalista Galego. Sobra dicir que os resultados supoñen a tumba política de Anxo Quintana, que volve a perder votos, a pesar de gozar da vicepresidencia da Xunta durante catro anos, nos que non conseguiu convencer a ninguén. O do BNG é moi curioso, xa que todos os vicios que lle criticara a Fraga desde a oposición, repetiunos no poder. Véxase eleccións de cargos a dedo, paseos en iate con beneficiarios de concesións de cupos eólicos, etc. E por se fose pouco, circula pola rede o reggaeton de Quintana. Moi galego. Ver para crer.
Polo menos queda a esperanza de que partidos minoritarios como Esquerda Unida, Terra Galega ou Por un Mundo + justo colleitan miles de votos. A pesar de todo, algo está cambiando.
Estou de acordo coa túa reflexión.
Se algo está cambiando ou non, non o sei, queiras que non voltamos ó goberno dos populares. O que é certo é que PSOE e Bloque si que precisan cambiar, esto (polo menos) debeulles de quedar claro.
Comentarios por mariane120 | 5 marzo 2009
é evidente que necesitan cambiar, pero…PP non é a soLución! de feito o que máis precisa cambiar (despóis dos popuLares, que manda truco) é BNG!
deses partidos «minoritarios» saLtaches aLgún moi importanteee !
Comentarios por petarda :) | 11 octubre 2009
Comentarios por iphone 3g case | 12 agosto 2012
That is very interesting, You’re an overly professional blogger. I have joined your feed and stay up for in quest of extra of your magnificent post. Additionally, I have shared your site in my social networks
Comentarios por big money | 6 abril 2013
Hi to all, how is everything, I think every one is getting more
from this website, and your views are good in support of
new people.
Comentarios por شركة تنظيف خزانات بالرياض | 11 agosto 2014